Concerto de Sérgio Tannus con "Alegría" en A Coruña

Categoría: Nova

Este xoves, e dentro dos concertos organizados pola Editorial Galaxia na Semana da Música Infantil na Feira do Libro, o músico Sérgio Tannus ofrecerá un concerto centrado nos temas do seu libro-disco 'Alegría!'. Ademais dun mollo de boas cancións, o libro cóntanos a historia de Alegra, unha curiosa bolboreta que quere saber do mundo. Insatisfeita, quere saber como conseguir a felicidade. A través dunha viaxe chea de cancións e na que irá coñecendo outros animais que lle ofrecerán as súas receitas para vivir ben, iremos vendo a súa transformación de eiruga a fermosa bolboreta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email