Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Lugo

Categoría: Nova

A escritora Iria Collazo López presentará a súa novela COMA UNHA ÁNCORA na librería Trama de Lugo acompañada do editor Francisco Castro.
Sobre esta historia, o crítico literario Ramón Nicolás escribiu en LA VOZ DE GALICIA: "Abeirada ás denominadas propostas narrativas de fronteira, esta suxestiva e prometedora estrea de Iria Collazo López articula unha novela sólida onde a presenza omnímoda do mar rexe, coas súas propias leis, as vidas dos protagonistas: os que están e os que xa non están. Tamén é o mar quen goberna o tempo e o espazo dun xeito diferente a como o entendemos para que á súa sombra se diten sucedidos, lendarios ou non, alentando á mantenta entre a realidade, a historia e a ficción. Un monllo de personaxes a vivir historias de amor e de resistencias que precisan, sempre, unha áncora que as amarre á esperanza".

Comparte nas túas redes sociais ou por email