Luis Seoane, todo un clásico, e unha das autoras máis importantes do noso sistema literario, Fina Casalderrey, protagonizan os actos que, dentro da Feira do Libro de Buenos Aires teñen que ver coa delegación galega e o proxecto Mar Maior da Editorial Galaxia.
Así, ás 18 horas e no stand de Galicia, desenvolverase un coloquio arredor da figura de Luis Seoane e no que participarán Silvia Dolinko, os irmáns Leirado e Víctor F. Freixanes, director xeral de Mar Maior.
Logo, ás 19.30 pero nas instalacións do Centro Galicia, o coloquio versará sobre a produción audiovisual de Fina Casalderrey quen, ademais de escritora, ten proxectado a súa creatividade no mundo do cine a través de curtas como a editada en Galaxia, DÚAS LETRAS. No acto participarán xunta a autora, Carlos Brandeiro, presidente de Mar Maior e Víctor F. Freixanes, director xeral.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR