Presentación de CAMIÑOS NA AUGA en Ames

Categoría: Nova

Este sábado, 23 de abril ás 20,00 horas, presentarase 'Camiños na auga' de Manuel Núñez Singala dentro da actividade Literatura na Praza, que organiza o Concello de Ames. Acompañarán ao autor o crítico literaio Armando Requeixo e Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia.
Camiños na auga conta a historia de Szymo, un rapaz albino que escapa do seu fatídico destino na África poscolonial cunha viaxe iniciática na que percorre, xunto ao lector, os ríos e océanos que o alonxan dun futuro posible, dunha vida que soña mellor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email