Este fin de semana, o selo Mar Maior, da Editorial Galaxia, vai protagonizar a Feira do Libro de Buenos Aires cunha morea de actos de todo tipo que farán que a celebración do Día Internacional do Libro teña unha presenza galega singular.
De seguido, os actos máis salientables da nosa abondosa presenza nas terras porteñas:
– Sábado ás 17 horas no stand da Feira: Presentación das novelas de Domingo Villar. O autor estará acompañado por por Claudia Piñeiro. Presenta Víctor F. Freixanes (director xeral de Galaxia/Mar Maior).
– Sábado ás 20 horas no stand da Feira: Presentación da obra audiovisual de Fina Casalderrey. Presenta Víctor F. Freixanes (director xeral de Galaxia/Mar Maior).
– Domingo ás 12 horas en Usina del Arte: nauguración da Exposición "Blanco Amor, fotógrafo. La mirada del deseo". Comisarios: Carlos Lema e Víctor F. Freixanes. Interveñen na inauguración: Anxo Lorenzo (secretaria xeral de Cultura de Xunta de Galicia), Víctor F. Freixanes (comisario da exposición), Ramón Villares Paz (presidente do Consello da Cutura Galega), Luis González Tosar (presidente do Pen Club de Galicia), Francisco Lores (presidente da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires) e Josefina Delgado (goberno da cidade de Buenos Aires).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR