Presentación de Aqueles anos do Moncho en Compostela

Categoría: Nova

A libraría Pedreira de Santiago de Compostela (rúa do Home Santo, 55) acolle este xoves, día 1 de outubro, ás 20h, a presentación da novela de Xosé Neira Vilas Aqueles anos do Moncho, que se incorpora á Biblioteca Neira Vilas de Editorial Galaxia xunto a outros títulos fundamentais da literatura galega como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Querido Tomás, Xente no rodicio, Esperando o leiteiro ou Lar, Nai, Pan. No acto intervirán, ademais do autor, a crítica literaria Dolores Vilavedra e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email