Aos poucos minutos de que onte o xurado dese a coñecer o nome de Marcos Calveiro como gañador do Premio Repsol de Narrativa Breve que publicará a nosa editorial pola súa obra FONTÁN, mantivemos unha breve e urxente conversa con el para coñecer as súas primeiras impresións logo de ter recibido este importante premio no que participan, como promotores do mesmo a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a nosa Editorial que publicará o libro en breve.
Un premio sempre é unha inxección de enerxía, non si?
Por suposto e máis para min que levo de seca cretiva dous anos, agardo que o Repsol me dea pulos para retomar a escrita.
Se tivese que resumir FONTÁN en cinco liñas, que nos diría?
A medida do Mundo, Galicia, a tenacidade, a honradez intelectual e idielóxica. Fontán e un galego esquecido polo gran público que precisamos reivindicar polo orgullo do noso país e da ciencia galega que sempre estivo en primeira liña.Un adiantado ao seu tempo.
Por que escolleu un personaxe como Domingo Fontán para a súa historia?
É unha figura que me obsesiona dende que na adolescencia lin a Pedrayo: Eu, coma Adrian Solovio quedei deslumbrado polo seu mapa e pola súa figura, levo moitos anos tras a súa sombra.
A novela histórica non é algo que non teña tratado con anterioridade. Tenlle querenza ao xénero…
Teñolle querenza ao meu país a sacar á luz aquela parte da nosa historia que foi agochada polo poder e polos vencedores. Reinvidicar o pasado do noso país para darnos azos para mirar cara adiante, cara ao futuro con orgullo e afouteza.