Presentación de A BERENGUELA na Coruña

Categoría: Nova

Mañá xoves presentaremos na librería Motio Conto da Coruña a obra A BERENGUELA. OPERETA PARA VOZ NARRADA E CUARTETO DE CLARINETES SOBRE UN TEXTO DE MANUEL MARÍA CON MÚSICA DE NANI GARCÍA. Un fermoso proxecto no que tamén participaron Miguelanxo Prado nas ilustracións e a actriz María Inés Cuadrado poñendo a súa voz neste libro-disco.
Ademais de Nani García e Miguelanxo Prado participará no acto Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia.
Estamos diante dunha obra teatral para crianzas escrita polo autor homenaxeado o vindeiro Día das Letras Galegas. O volume preséntase en formato libro-CD e céntrase nos problemas dunha espiña de toxo coa xustiza e a autoridade como eixe central da obra.
O volume inclúe un limiar de Francisco Fernández Naval.

Comparte nas túas redes sociais ou por email