Mercedes Queixas Zas luns presenta o vindeiro , día 9, ás 20h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María , unha achega fundamental para coñecer a vida e a obra do poeta chairego ao que a Real Academia Galega lle adica o próximo 17 de maio o Día das Letras. Estará acompañada pola escritora Rosalía Fernández Rial. O libro segue o roteiro vital do poeta, entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires, ata consturír un "testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade" do poeta.
A casa outeirense, a tribo chairega e a nación galega representan a triple razón de vida en que Manuel María afinca o seu universo biográfico e literario. Neste libro, Mercedes Queixas segue -en efencto- o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade.