Presentación de “8 ensaios sobre Rosalía”, en Santiago de Compostela

Categoría: Nova

O xoves 5 de marzo, celebrarase, ás 19 h, na libraría NUMAX, en Santiago de Compostela, a presentación de 8 ensaios sobre Rosalía.

No acto, intervirán Dolores Vilavedra, Doutora en filoloxía galega; e Kathleen March, filóloga e experta  en estudios hispánicos, latinoamericanos e portugueses, estudosa da literatura galega.​

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito  innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego, e por extensión, tamén da súa sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección, recupera os 7 ensaios sobre Rosalía, publicados por Galaxia en plena posguerra, e que dan testemuño da persistencia de Rosalía de Castro na memoria cultural galega, un fenómeno que ilustra o principio xeral de que o pasado é un asunto do presente. Aos ensaios orixinais incorpórase un oitavo, obra da poeta, investigadora e profesora Maria do Cebreiro Rábade Villar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email