O mércores 29 de maio, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, presentaremos o libro de Merchi Rodal, 'As lambetadas de Larpeiros'. No acto participarán, canda a autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa 'Larpeiros' da TVG, Xosé Cermeño e o director xeral de Galaxia, Victor F. Freixanes.
Estamos diante do libro máis doce de toda a saga do programa LARPEIROS da Televisión de Galicia.
Recolle algunhas das sobremesas do popular programa e outros moitos doces, madalenas, biscoitos, cremas, roscóns…
Ademais de ricas, todas as receitas son sinxelas e divertidas de facer na casa.
A autora sabe darlle un toque ben orixinal co que non vai quedar lambón nin lambona que non atope unha do seu agrado.