Editorial Galaxia publica 'A cociña dos Cunqueiro'

Categoría: Nova

Estes días chega ás librerías un novo título dentro da nosa colección de Cociña, desta volta, convertido nunha selección de receitas dos dez cadernos que Elvira González-Seco legou ao seu fillo, o tamén escritor César Cunqueiro que, ademais, fai o limiar da obra que preparou o experto en cociña Miguel Vila Pernas.
O volume ofrécenos pratos das décadas dos anos sesenta, setenta e oitenta do século XX da cociña tradicional galega e española, mais tamén da chamada cociña internacional, que Elvira González-Seco transformaba cun xeito novo, moi persoal.
Un mollo de sabores exquisitos para paladares exquisitos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email