Galaxia na Feira do Libro de Pontevedra

Categoría: Nova

Este venres día 24 de maio e dentro das actividades da Feira do Libro de Pontevedra, presentaremos dous libros que están a dar moito que falar, e para ben, dende o instante mesmo da súa presentación.
Así, ás 19.00 h. presentación o libro 'As lambetadas dos Larpeiros', publicado pola Editorial Galaxia, coa participación de Merche Rodal, autora do libro, o escritor, director do programa "Larpeiros" da TVG, Xosé Cermeño e Xulio Amigo, en representación da editorial.
E unha hora máis tarde, ás 20.00 h. será a presentación do libro + cd + dvd 'De roda en roda. Música e danzas do mundo', de Javier Jurado, Suso Cancelas e Pilar Sampil e, publicado por Editorial Galaxia.
Participarán no acto Javier Jurado, Suso Cancelas e Pilar Sampil. Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.
Dúas propostas suxestivas para empezar ben a fin de semana. Sempre con libros. Neste caso, para cociñar e bailar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email