Con Tras do solpor temos por primeira vez a oportunidade de ler en galego a obra dun dos grandes autores xaponeses contemporáneos, Haruki Murakami. En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore.
Un home na escuridade é a última novela de Paul Auster, un autor xa consolidado no catálogo de Galaxia. Nesta obra enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill, un crítico literario retirado que padece insomnio, coa duns Estados Unidos sumidos nunha nova guerra civil.