Os cursos da Escola de Letras volven a retomar a presencialidade, achegando a palabra ás alumnas e alumnos, nas cidades de Vigo e Pontevedra.

Neste caso, o obradoiro de Poesía con Antonio García Teijeiro, da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, celebrarase en Pontevedra os días 2 e 9 de xuño, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación Provincial de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n),  en horario de 18 a 20 h.

Acompañando o docente, xunto a deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso Méndez, presentará o obradoiro Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.

Todas e todos os asistentes ao obradoiro podarán gozar da oportunidade de aprender cun dos mellores poetas do noso país. García Teijeiro ensinará ao alumnado a súa visión e amor pola palabra, unha maneira fantástica de abrazar o mundo da escrita.

Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na lista de honra do Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY, polas súas siglas en inglés), e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños. Na Editorial Galaxia publico libros como o recente Bicos e non balas, Lista de Honra OEPLI 2020, ilustrado por Bea Gregores, Petando nas portas de Dylan ou Raiolas de sol.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR