O Vigo histórico, en detalle

Categoría: Nova

Non só os vigueses e viguesas senón que calquera persoa con sensibilidade e bo gusto vai gorentar este 'Centro histórico de Vigo. Guía visual' que Basilio Cegarra elaborou para a nosa editorial e que estes días empeza a chegar ás librerías.
O castro prehistórico e as fortalezas da cidade amurallada, a luz do Paseo de Afonso, o Berbés etc…
Pero tamén o urbanismo dos mariñeiros; San Francisco e a Concatedral, a Pinacoteca, espello da arte galega; o mar retraído na Pedra e a Laxe, as prazas da Constitución, a Princesa e a Porta do Sol, que lindan co Vigo novo; o barrio alto cada vez máis renovado. Unha xeografía encostada, unha enxeñería contundente; continuas reviravoltas entre escaleiras, ramplas e pasos elevados, abeirados por cruceiros, escudos, fontes e mesmo esculturas de vangarda. Unha viaxe pola vida dos antepasados, un andar cara ao futuro.
Un libro para ver Vigo en toda a súa grandeza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email