O nariz do Nadal

Categoría: Opinión

O nariz do Nadal

é  moi gracioso,

quentiño, cantareiro,

e  saboroso.

Recende os mazapáns

máis os turróns,

e o bacallau cocido

con coliflor.

Cheira os xoguetes novos

de papá Noel

e o brión ben fresquiño

do meu Belén.

Ule o lume “bailón”

da cheminea

e a cera derretida

das candeas.

Aspira o aire cheo

de vilancicos,

e o son das pandeiretas

máis dos pitos.

Respira  as gargalladas

dos meniños,

que  pintan seu nariz

con aloumiños.

O nariz do Nadal

é moi gracioso,

quentiño, cantareiro

e saboroso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email