O material de Carme Kruckenberg chega á Fundación Penzol

Categoría: Nova

Onte, nun acto celebrado na Fundación Penzol, trinta carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de María do Carme Kruckenberg Sanjurjo foron doados pola súa filla, finada o pasado 16 de maio, material que vai estar a disposición do público para o seu coñecemento e estudo..
Cristina Pusone Kruckenberg asinou na sede da fundación a acta e participou no acto de presentación xunto a Mercedes Queixas Zas, biografa da escritora, e Antón Vidal Andión e Francisco Domínguez, vicepresidente e director respectivamente da Penzol, Xesús Alonso Montero, presidente da RAG e representantes do concello de Vigo.
Cada carpeta contén material que foi recollendo a expresión poética de Carmo Kruckenberg, o proceso evolutivo desde o orixinal manuscrito até o mecanografado e as máis recentes probas de impresión ou incluso copias dixitias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email