Manuel Portas recibe mañá venres na Estrada o Premio García Barros por Lourenço, xograr

Categoría: Nova

Manuel Portas recolle mañá venres 20 ás 20h no Teatro Principal da Estrada o Premio de Novela Manuel García Barros 2015 pola súa obra Lourenço, xograr. Trátase dunha novela histórica que contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época.

O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista, no que tamén ten cabida o amor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email