Manuel Portas recibe o Premio García Barros

Categoría: Nova

Así definiu o director de Galaxia a novela de Manuel Portas, "Lourenço. xograr". que o pasado venres recibiu na vila de A Estrada o Premio García Barros na súa 27 edición. "Unha novela que nos introduce nun universo extraordinariamente rico e, non obstante, pouco transitado polos nosos narradores contemporáneos: os cancioneiros medievais, xograres e trovadores do século XIII, nobres e señores, loitas e conflitos na Galicia da época, con noticias de Portugal e da corte de León e Castela".
Un capitulo fascinante da nosa historia que, a través da figura dun xograr, de quen conservamos memoria nos Cancioneiros, Manuel Portas reconstrúe e recrea. "Tamén é una historia de aventuras, de amores, de soños e de decepcións", comentou o autor. Todo no marco do amor cortés e cunha moi elaborada documentación. histórica
O alcalde da Estrada e as primeiras autoridades participaron no acto, que se consolida dentro do calendario anual das letras galegas como unha referencia obrigada. A continuación, escritores e escritoras, críticos e algúns lectores reuníronse na tradicional cea literaria que nesta ocasión versou sobre a significación da novela histórica.

Comparte nas túas redes sociais ou por email