Era a cuarta presentación desta novela e, como nas anteriores, as expectativas non defraudaron. A pesar de ser sábado e a pesar de que na televisión xogaban o Real Madrid e o Barcelona, e logo o Deportivo e o Celta, a Biblioteca Municipal de Barro encheuse de público, co seu alcalde á cabeza, para arroupar a Iria Collazo López na presentación da súa novela, publicada na colección Costa Oeste, COMA UNHA ÁNCORA.
A autora, logo de ser aberto o acto polo concelleiro de Cultura, estivo acompañada na mesa por Iván Velho Ferreiro, da A.C.Barosa, por Diego Alfonsín, xornalista e escritor, e polo editor Francisco Castro.
A novela está sendo a máis vendida, na categoría de Literatura Xuvenil, nas librerías do noso país.
No noso blogue deixamos unha galería de fotos do acto do pasado sábado.