O día 15 de setembro Galaxia publica o novo libro de Francisco Castro

Categoría: Nova

O novo libro de Francisco Castro, O cemiterio de barcos, pertence á colección Costa Oeste do catálogo da editorial.

Unha novela de aventuras e misterio que atrapá ás lectores e lectores de todas as idadese que sae publicada nas catro linguas oficias do Estado Español.

Despois do seu libro Tantos anos de silencio (2020), unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días na que descubrimos que o fascismo superou tempo e fronteiras, Castro sorpréndenos cun novo título que defende valores constantes na súa escrita como o amor, a amizade e a conciencia política.

Unha historia dun amor de verán entre dous rapaces deriva na descuberta dun segredo soterrado na vila dende hai décadas. Corrupción, ameazas, violencia machista e a valentía duns personaxes que farán o que sexa para chegar ata o final desta historia.

Francisco Castro ilumina, a través desta historia, as sombras da sociedade que, por moito que avance o tempo, siguen presentes en todas as formas e estratos sociais. O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.

Un libro que aposta pola busca da verdade nas nosas vidas.

Francisco Castro (Vigo, 1966) director xeral da Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica ‘O ceo dos afogados’ que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de ‘Chamádeme Simbad’ (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e ‘O segredo de Marco Polo’ (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra ‘O corazón da Branca de Neve’ e, en 2014, publicou a novela xuvenil ‘Tes ata as 10’, obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.  

Comparte nas túas redes sociais ou por email