Nova edición para 'Xogo sucio'

Categoría: Nova

Estes días irá chegando ás librerías do país todo un clásico da literatura xuvenil como é 'Xogo sucio', de Manuel de Pedrolo, que coñece na colección Costa Oeste a súa terceira edición. Unha historia policial na que o amor vai ter un gran protagonismo e que sempre gozou do favor do lectorado xuvenil galego que nos obriga, dende o ano 1992 que viu a luz, ata que hai uns anos entrou en Costa Oeste, a reeditalo constantemente.

Un libro ben coñecido nos nosos centros de ensino dun autor que foi duramente reprimido a nivel literario pola censura franquista pola crueza da súa linguaxe, polas súas opinións políticas (decidido catalanista) ou pola súa ollada, moito máis libre que a época, sobre a moral sexual.

Comparte nas túas redes sociais ou por email