O Taboleiro do libro galego volve un mes máis da man de Cicloxénese Expresiva para traemos a listaxe de libros máis vendidos de maio. Os lectores e as lectoras galegas escollen un mes máis as obras da Editorial Galaxia para gozar de historias, de poesía e dunha gran biografía como a de Rosalía de Castro.
O libro máis vendido de narrativa é Blues para Moraima de Miguel Anxo Fernández, en ensaio Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) de María Xesús Lama e en poesía Na casa da avoa de Marta Dacosta é o poemario destacado. E entre as historias que nunca pasan de moda as de Carlos Casares, así Vento ferido e Ilustrísima son obras ás que volveron os lectores e as lectoras, tamén os máis pequenos seguen a ler A galiña azul e a marabillosa tradución dun clásico como O principiño. A soidade das medudas, de Iria Collazo despois de tantos meses da súa saída, consolídase como un dos preferidos polo público. E para os máis cativos da casa Volta, revolta e reviravolta, o novo libro-cd de As Maimiñas.
Encántannos que os libros da Editorial Galaxia fosen tendencia en maio! Grazas por escollernos!!