A Editorial Galaxia na SELIC de Compostela

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia terá unha presenza importante nas actividades da SELIC que comeza o venres 4 de xuño e remata o día 9. Sete días de actividades ininterrompidas que encherán a Praza da Quintana de autores e autoras coas que podes compartir as vosas lecturas.
Para ver o programa completa preme aquí.
Presentaremos:

O enigma de Embívicus de X.A. Perozo, venres 2 de xuño ás 17,30 horas. Intervirá o autor e Francisco Castro xunto a lectores e lectoras para celebrar os 25 anos.

Un Blues para Moraima de Miguel Anxo Fernández. Mércores 7 de xuño, ás 20,30 horas. Intervirán o autor, Armando Requeixo e Francisco Castro.

O monstro de Ille de Jorge Emilio Bóveda, Mércores 7 de xuño ás 19,30 horas. Intervirán o autor, Francisco Castro e David Cortizo.

Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros de Marilar Alexandre. Venres 9 de xuño ás 19,00. Intervirán a autora, Malores Villanueva e Ismael Ramos.

Elisa no mundo da maravillas. Domingo 11 de xuño ás 18,30 horas. Intervirán Concepción Somoza, xerente de Apamp, Fedra Alcaraz, responsable do obradoiro artístico, Siana Comeseña, usuaria de Apamp, e Francisco Castro.

Sinaturas de libros:

Venres 2 de xuño, ás 19,00 horas; María Solar firmará exemplares de Os nenos da varíola.

Martes 6 de xuño, ás 19,00 horas: Ana Cabaleiro firmará exemplares de Sapos e sereas

Mércores 7 de xuño, ás 19,30 horas: Emma Pedreira firmará exemplares de Bibliopatas e fobólogos

Venres 9 de xuño, ás 20,00 horas: Inma López Silva firmará exemplares de Aqueles días en que eramos malas.

Concertos infantís:

Concerto-presentación Fantasía coas palabras de Papi e Mami. Martes 6 de xuño, ás 17,30 horas

Concerto-presentación deVolta, revolta e reviravolta das Maimiñas. Domingo 11 de xuño ás 17,30 horas

Comparte nas túas redes sociais ou por email