Música e cociña na fin de semana

Categoría: Nova

Nesta fin de semana na que celebramos o Día da Matria, o Día de Galicia, o Día do noso país, a Editorial Galaxia despregará, coma sempre, unha importante actividade cultural, desta volta en dous puntos da nosa xeografía.
Por unha banda, e seguindo cos actos programados para a Praza dos Libros de Carballo, o día 24 presentaremos o novo receitario de Benigno Campos, 'Peixes e mariscos'. O acto celebrarase ás 12 da mañá e o cociñeiro do programa da TVG, LARPEIROS estará acompañado polo director comercial de Galaxia, Xulio Amigo.
Logo, na tarde, será o momento das familias e dos pequechos coa actuación, ás 18.30, de Olga Brañas e a súa banda, quen porán en escena un espectáculo musical baseado no libro-disco que publicamos na colección Sonárbore, 'Pitusa Semifusa'.
Ao día seguinte, e como felizmente vén sucedendo dende hai moitos anos, estaremos no Festigal ocupando a programación infantil e con dous concertos. Ás 18 horas os vigueses Oviravai con 'As andanzas de Paio' e, ás 19.15, A gramola gominola. Ambos os libros están publicados tamén na colección Sonárbore.
Un mollo de actividades para lembrármonos que a cultura en galego, a literatura, a gastronomía, a música, EN GALEGO, existen.

Comparte nas túas redes sociais ou por email