O caso máis sinistro de Frank Soutelo

Categoría: Nova

UN DENTE SEN CADÁVER é o título da nova novela protagonizada polo detective creado por Miguel Anxo Fernández, Frank Soutelo. En palabras do autor, estamos diante do caso máis sinistro aos que se tivo nunca que enfrontar o investigador privado.
Os fieis á saga do autor carballinés van sentirse satisfeitos con esta historia que non deixa respirar dende a primeira páxina e que nos obriga a acompañar a Soutelo ata a resolución do enigma. Unha saga que, por certo, vai seguir pois, coma onte mesmo recoñecía o autor nunha conversa con La Voz de Galicia: "Se escribo por pracer e pretendo que Soutelo me acompañe ata que a saúde me respecte, mentiría dicindo o contrario. Hai catro tratamentos xa moi desenvoltos e algunhas ideas. E que a actualidade dá para moito".