A Praza dos Libros de Carballo está a consolidarse, verán tras verán, coma unha das citas máis interesantes relacionadas co libro e a cultura galegas. Dende o seu inicio hai uns anos a nosa Editorial estivo presente defendendo distintas actividades. Na edición deste ano a música infantil e os libros de cociña terán especial protagonismo.
Mañá venres abrirase a nosa participación co concerto de presentación do libro-disco AS ANDANZAS DE PAIO do grupo vigués OVIRAVAI.
Unha actividade pensada para que toda a familia, pequechos e grandes, gocen da música, do baile e das aventuras da Teixuga que está a conquistar Galicia enteira.