Manual de sedución

Categoría: Opinión

Por fin… Chegou… Manual de Sedución…Seducidas estamos. Marful vén de editar en soporte a forma de retorcer as nosas almas,avivarnos o ouvido e conquistarnos a mente. Roza o profundo sen esquecer o banal. Irónico, rítmico, arrollador e sútil. Un Santuario de acordes e timbres. Unha viaxe Universal,con escalas sen esperas. Resultado acústico para unha creatividade inmensa, e unha surrealidade precisa. Marful vén de indicarnos o camiño a un Mar que non sae nos Mapas, a un pracer que se marca coa danza. Marful vén de adiantarnos a música dos grandes que habitan o “Planeta Musgo”. O concepto das Músicas Polulares, das Músicas do Mundo muda para deixar paso ao Mundo que segue a ser das músicas, dos músicos e das Musas(UG). Inventaron un xénero, unha forma de entender, e expresar. (Manual de Sedución). Seducidas estamos… Grande Marful.

Comparte nas túas redes sociais ou por email