Mamá Cabra ultima o seu novo traballo

Categoría: Nova

O exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra, que xa publicou na nosa editorial dous libro-discos titulados Ola, ola, la! e Xa me tardan estes Magos (Premio ao Mellor Libro Infantil da Asociación Galega de Editores o ano pasado), ultiman estes días o que será o seu novo traballo, 'Bicos de música' (con CD e DVD) e que verá a luz o vindeiro outubro.
Segundo puidemos saber, imos asistir a unha proposta musical chea de cousas, incluso algunha canción -tema máis actual non pode haber- de fútbol. Falando con elas, confirman que andan ensarilladas na fabricación de bufandas para que os seareiros e seareiras poidan axitalas durante os concertos.
Coma sempre, ao tempo que van gravando os temas do novo disco, a súa mente creativa céntrase xa na produción dos novos concertos que serán, unha vez máis, todo un exercicio de diversión, disfraces e situacións cómicas e festivas.
Para a volta do verán, Mamá Cabra de volta!

Comparte nas túas redes sociais ou por email