‘Mamá Cabra’ pechou tres días de espectáculo infantil en Cangas

Categoría: Nova

O Auditorio Municipal de Cangas acolleu o pasado mércores o último espectáculo enmarcado dentro do Festival Infantil ‘CANtiGAS no Nadal’, unha produción da Editorial Galaxia para o Concello de Cangas. Mamá Cabra foi o grupo encargado de pechar un ciclo que contou tamén coa participación de A Gramola Gominola e Magín Blanco.
Mamá Cabra, unha das bandas consagradas dentro da música infantil, presentou así en Cangas, en directo, o seu último traballo, ‘A Bruxa Discordia’, un CD-Libro que conta coa colaboración da escritora Carmen Gil e que fixo que tanto menores como adultos pasasen un momento inesquecible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email