Ou deberían. Porque hai un mundo deles. De calidade. Que tratan sobre calquera cousa. E para todos os chanzos de idade. Libros en galego que son novidades, ou son clásicos. Sempre fotos dunha alma que os escribiu, que quixo comunicarse na lingua de nós con nós. Ou noutras linguas que logo, marabillas da tradución, da comunicación (non outra cousa é a escrita máis ca un acto de comunicación entre dous que se buscan), terminan aparecendo en galego.
Virán os Reis Magos con agasallos de todo tipo. Que veñan, tamén, con libros na lingua de nós.