Hai 55 anos publicouse 'Memorias dun neno labrego'

Categoría: Nova

A obra publicábase na editorial Follas Novas, que fora fundada en 1957 polo propio Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda, co propósito de difundir, desde a Galicia espallada polo mundo, o libro galego. O éxito de masas chegou en 1968, no intre en que Isaac Díaz Pardo prepara, e ilustra, unha edición para Ediciós do Castro .
Pasaron 55 anos e esta obra, que temos na Biblioteca Neira Vilas, coñeceu xa máis de 600.000 exemplares vendidos en ducias de linguas, sendo a obra máis traducida da literatura galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email