A Feira do Libro de A Coruña celébrase do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez. Alá estará Galaxia presentando as súas novidades literarias, para todos os gustos e idades, dende o mesmo sábado día 1 ata o luns día 10. Achegámosvos o programa de actividades da editorial na Feira, para que anotedes as datas nas vosas axendas:
Sábado 1
19h45 Presentación de Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976). Coa presenza dos autores, Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez-Monxardin, e do Presidente da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Fernández Freixanes.
20h30. Xerardo Quintiá presentará O viaxeiro radical, acompañado de Olivia Rodríguez e de Carlos Lema.
Martes 4
20h00 Concerto da Gramola Gominola, na Semana da Música Infantil.
Mércores 5
19h45. Beatriz Maceda Abeira presentará O álbum de Garrincha, acompañada do futbolista Donato e do editor Francisco Castro.
20h00 Concerto de Chuches Amil: Un conto ao revés, na Semana da Música Infantil.
Xoves 6
20h00 Concerto de Sérgio Tannus: Alegría, na Semana da Música Infantil.
20h30. María Solar presenta O meu pesadelo favorito / Mi pesadilla favorita, Premio Lazarillo 2014, acompañada por Mercedes Queixas Zas, María Lires e Francisco Castro.
Venres 7 ás 20h30. Iván García Campos presenta Cuestións vitais secretas, acompañado do escritor e xornalista Camilo Franco e do editor Víctor Freixanes.
Sábado 8
20h00 Concerto de Pirilampo: Lucecús, na Semana da Música Infantil.
20h30. Xavier Alcalá presenta a reedición de Fábula, acompañado por Xoán Antón Pérez Lema e Xulio López Valcárcel nunha conversa que moderará Tati Mancebo e na que tamén participará o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Luns 10 ás 21h00. A cineasta Margarita Ledo Andión presenta o seu libro-cinema A cicatriz branca, acompañada da poeta e xornalista Eva Veiga e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.