Dende hai catro anos, na cidade asturiana de Xixón celébrase o Festival Arcu Atlántico, unha completa programación que reúne no mesmo espazo distintas artes e un mollo completísimo de actividades entre as que destacan, este ano, a proxección da película A ESMORGA (coproducida pola nosa editorial) e a presentación da versión en castelán da novela de Eduardo Blanco Amor que publicou o selo da Editorial Galaxia, Mar Maior.
Hoxe mércores ás 19 horas, no CMI de Pumarín Gijón Sur "José Gonzalo Fernández Mieres", no Salón de actos proxectarase a fita dirixida por Ignacio Vilar. Posteriomente haberá un coloquio cos asintentes.
E mañá xoves, á mesma hora pero na Carpa Arco Literario, o director xeral de Galaxia e Mar Maior, Víctor F. Freixanes ofrecerá unha conferencia arredor da novela que servirá, tamén, como presentación da publicación.