Seguimos dende a nosa web debullando algúns dos traballos que publicamos no último número da revista GRIAL adicado desta volta aos FEMINISMO(S). Logo do texto de Marilar Aleixandre co que abriamos a semana, achegamos hoxe, na ligazón á dereita destas liñas, o traballo de Olga Castro arredor da cuestión da linguaxe non sexista e o feminismo.
A doutora en Tradución e xornalista, ademais de profesora de estudos de Tradución na Aston University de Birmingham axúdanos co seu traballo a entender todas as claves dunha cuestión que vai moito máis aló da linguaxe “politicamente correcta”.