Letras Galegas porque si

Categoría: Nova

Letras galegas porque si.
Para ser quen somos e o que queremos ser.
Por saúde mental.
Por saúde social.
Por saúde cultural.
Para saber o lugar no mundo ao que pertencemos.
Para medrar con ese lugar no mundo.
Por orgullo do noso.
Por respecto a nós mesmos.
Por amor.
Por amar.
Por humor.
Por tocar as nubes.
Por valentía.
Por pintarmos cadros de futuro xuntos.
Por latirmos corazóns unísonos.
Por mirar distinto.
Por ser fieis á memoria dos devanceiros.
Porque si.

Comparte nas túas redes sociais ou por email