Aparece parte dunha novela e un poema inéditos de Otero Pedrayo

Categoría: Nova

Estes días, a Fundación Penzol, esa fonte inesgotable e esencial de documentación, sen dúbida, a máis importante de Galicia, informaba do descubrimento de parte dunha novela e un poema inéditos de Ramón Otero Pedrayo. O achádego é dunha importancia fundamental e verá a luz na nosa editorial en breve.
O descubrimento é froito do traballo colaborativo entre a Universidade de Vigo e a Fundación Penzol que dirixe Alfonso Zulueta de Haz. ´'Xeórxicas do pan', que así se chama o poemario, consta de 1400 versos que verán a luz na nosa editorial.
Na ligazón á dereita destas liñas deixamos abondosa información que publicou o Faro de Vigo hai uns días.

Comparte nas túas redes sociais ou por email