A lectura, o mellor refuxio

Categoría: Nova

Estamos pasando tempos incertos que nos obrigan a quedar na casa. Unha situación sen precedentes que, ben organizada, pode deixarnos, dentro de todo o malo, cousas moi positivas como ler todos esos libros que tiñamos pendentes ou descubrir outros novos.
Nun ano no que a Editorial Galaxia cumpre 70 anos, coincidindo co centenario da xeración Nós, e Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado no Día das Letras Galegas, son moitos os títulos interesantes que chegan aos nosos almacéns para enchernos de ilusión. A través deles, podemos saber como serían as Conversas con Ricardo Carballo Calero ou as anotacións que atesoura O caderno de Rosalía. Estamos feitos de Virtudes (e misterios), e ás veces é normal dicir: “Teño medo“, ou ler Ata 10 libros, en Villardevós. Semella que estamos a vivir a Xenealoxía dun intruso que se fora un poema, chamaríase Novelovento
Grazas ás librarías por ser tan Cómplices e poder facilitar os nosos libros a todo o público, porque ler é de primeira necesidade.
Dende a editorial somos firmes defensores do poder das historias. Estamos feitos delas e non as deixamos de vivir cada día. En momentos coma este a lectura é o mellor refuxio. Animámosvos a comezar ese libro que tiñades pendente, a descubrir outros novos e recomendar as vosas lecturas nas redes sociais a través do cancelo #LerNaGalaxia e etiquetarnos con @editorialgalaxia (Instagram) ou @EdGalaxia (Twitter).
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email