Onte, na Pazo Provincial de Ourense, celebrouse unha rolda de prensa ao redor da novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019 Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. A novela foi presentada polo autor, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.
O galardón, convocado polo Concello de Ourense e a Fundación Blanco Amor, concedeuse ao escritor e xornalista pola súa obra, na que analiza a realidade da emigración dende un relato vital da súa avoa. Estamos ante un libro no que Xesús Fraga se propuxo contar a emigración desde a parte dos retornados. Sobre todo, relata unha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.