Estás aquí:

Código: 2218

Teño medo

16,50  IVE INCLUIDO
É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.
Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise. Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular…O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos. Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes. O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 20
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección: Álbumes
Nº na colección: 12
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-449-7
Observacións:

AUTORES/AS

de la Iglesia, David
david-de-la-iglesia

David de la Iglesia Pregal (Vigo, 1977) é director creativo, deseñador gráfico e fotógrafo. Naceu e traballa en Vigo, e a súa principal actividade céntrase no deseño gráfico e a fotografía comercial. Organizar, deseñar, desenvolver… crear. “Gústame o deseño sinxelo, creativo e con concepto. Pensar e deseñar despois”.

Durante máis de quince anos traballou en estudos de deseño ou como freelance e colaborou con variadas axencias de publicidade e márketing. Realizou proxectos para institucións gobernamentais e culturais e empresas de diferentes sectores (industrial, comercio, saúde, estética, turismo, hostalería e editorial, entre outros).

As súas obras

Teño medo
9788491514497
16.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Álbumes

A caca cuca
9788491517443
esgotado
A caca cuca
9788491519348
16.50€ CON IVE
A túa historia
a-tua-historia
16.50€ CON IVE
ABRAPALABRA!
abra
esgotado
Acouga, Babau
9788491515579
16.50€ CON IVE
Akna. Os mariñeiros da terra de xeo
9788491515821
16.50€ CON IVE
Alba
9788491516354
16.50€ CON IVE
Alba de groria (ilustrada)
9789491515623
16.50€ CON IVE