Hoxe, ás 20 horas, na sala de tertulia do Liceo de Ourense, celebrarase o acto de inauguración da exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro".
Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra de Ramón Piñeiro, autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A exposición consta de 18 paneis e faise un percorrido pola vida e obra do galeguista de Láncara, así como polos principais acontecementos da Galicia do século XX. En 7 vitrinas amósanse manuscritos, obxectos, documentos persoais e algunhas mostras da inxente correspondencia que, ao longo de toda a vida, Ramón Piñeiro escriubiu e que foi parte importante do seu labor socrático a prol da recuperación da lingua e da cultura.
Completan a exposición tres pantallas de plasma na que se recollen imaxes de Piñeiro e unha base de datos multimedia para acceso de curiosos e escolares.
Desde esta mesma web ofrecemos un banner dende o que poder descargar toda a exposición.