Inauguración da exposición '50 aniversario da Fundación Penzol'

Categoría: Nova

Este venres celebrarase o acto de inauguración da exposición FERMÍN PENZOL. UNHA OBRA PARA UN PAIS, ás 12:30 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo, (Praza da Princesa, 2) con gallo do 50 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN PENZOL.
A exposición estará aberta ao público ata o 26 de maio de 2013 en
horario de luns a vernes de 18 a 21 horas, sábados de 18 a 21 horas e de 12 a 14 horas, e domingos e festivos de 12 a 14 horas.
No acto intervirán Alfonso Zulueta de Haz, presidente da Fundación Penzol, Henrique Monteagudo Romero, comisario da exposición, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Abel Caballero Álvarez, alcalde de Vigo

No transcurso do acto presentarase o número de 'Grial' dedicado aos 50 anos da Fundación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email