MAR MAIOR/ EDITORIAL GALAXIA na Feira do Libro de Buenos Aires

Categoría: Nova

Trátase dun lanzamento editorial que, empezando en Buenos Aires, que foi capital histórica da cultura galega durante as décadas dos anos 40 e 50, e onde residen na actualidade arredor de 600.000 fillos e netos de galegos, proxectará a cultura e os libros galegos nos mercados internacionais. Un desafío cara a globalización.
MAR MAIOR Editorial Galaxia comenzará cun título que se concibe coma buque insignia da nova liña editorial: "Os galegos e a Arxentina" (5000 exemplares en castelán e 1000 exemplares en galego, dirixidos á sociedade arxentina) da que son autorers María Rosa Lojo, Ruy Farías, Débora Campos e Víctor F. Freixanes. Un libro de gran formato, moi ilustrado, no que se presenta a contribución histórica dos galegos á construción da nación e a república austral.

Comparte nas túas redes sociais ou por email