Homenaxe a Marilar Aleixandre

Categoría: Nova

Hoxe 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución cun mollo de actos que se concentran maioritariamente en Vigo e Compostela. Conferencias, actos conmemoriativos na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e presentacións varias culminarán coa homenaxe a Marilar Aleixandre ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun acto organizado pola Asociación de Tradutores Galegos.
Entre outros motivos, a Asociación destaca na homenaxeada "a súa contribución para a cultura galega e a súa integración na vangarda intelectual do mundo contemporáneo".
Marilar Aleixandre, ademais dunha exitosa traxectoria como escritora, ten conquerido fitos importantes para a tradución para o galego como foi o primeiro volume da serie Harry Potter.

Comparte nas túas redes sociais ou por email