A dona dos mapas

Categoría: Nova

A autora de 'Adios, María' ou 'Polo mar van as sardiñas', ademais dunha extensa e fermosa obra poética, Xohan Torres, será homenaxeada nunha sesión de estudio e debate sobre a súa significación literaria e cultural. Desenvolveráse no salón de actos do CCG hoxe entre as 10 e as 20 horas. Entre os ponentes estarán Ramón Villares, María Xosé Agra, Dolores Vilavedra, Iolanda Ogando, Olga Novo, Montse Pena Presas, Helena González, Mariam Mariño, Laura Pérez Landeira, Xoán Bernárdez Vilar e Ana Romaní.
Paralelamente está previsto un grande recital no que participarán María Xosé Queizán,Chus Pato, Lupe Gómez e María do Cebreiro, presentadas por Lara Rozados.
Este acto, organizado pola Comisión de Igualdade do CCG en colaboración co Centre "Dona i Literatura" da Universidade de Barcelona servirá para homenaxear a unha das escritoras máis importantes da nosa literatura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email