Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquera en Marín

Categoría: Nova

Francisco Castro presenta o seu novo libro, Amor é unha palabra coma outra calquera, mañá venres 6 de maio ás 20h no Museo Torres de Marín, acompañado pola concelleira de cultura María José de Pazo Marín e pola escritora Sabela González.

Amor é unha palabra coma outra calquera… ou non. Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor.

Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.

Comparte nas túas redes sociais ou por email