Finou Sabino Torres

Categoría: Nova

LUNS, 12.30 horas.
Hai uns intres coñeciamos a triste nova do pasamento do editor, xornalista e poeta, nunha clínica de Madrid, Sabino Torres, memoria da edición galega, xornalista e poeta. Pasará á historia por todas esas actividades mais, tamén, por ser o responsable da colección Benito Soto que, na Pontevedra de 1949 daba ao prelo poemarios de autores tan sobranceiros coma un novísimo Celso Emilio Ferreiro e que chegou a publicar 17 títulos.
Importante memorialista e membro correspondente da Real Academia Galega, en Galaxia deu ao prelo libros coma As tres columnas (2008), Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960 (2014) e Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015).
No seu día, con moi poucos anos, escolleu a figura do pirata Benito Soto para bautizar a súa colección de poesía, xa histórica. Ese foi Sabino Torres, un pirata libre que puxo o seu talento ao servizo da cultura, da poesía, e de Galicia.
A capela ardente instalarase este luns na capela M30 de Madrid.

Comparte nas túas redes sociais ou por email