Presentación e coloquio arredor da nova novela de Francisco Castro en San Sadurniño

Categoría: Nova

Este mércores ás 18 horas, a novela de Francisco Castro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA parará a súa xeira de presentacións en San Sadurniño onde, acompañado pola Concelleira de Igualdade Ana B. Gundín, se celebrará un coloquio posterior ao acto na Casa da Xuventude. Ademais das presentacións formais que desta novela se ten realizado nas distintas cidades de Galicia ou Madrid, a novela está a xerar un interesante debate arredor da cuestión amorosa e o romanticismo que se nota nos coloquios e na participación activa das lectoras e lectores tanto nas redes sociais como ao vivo.
A novela de Castro vén de coñecer a súa terceira edición dende o momento da súa saída, aínda menos de tres meses.