Onte dabamos conta do pasamento en Madrid, aos 91 anos de idade, de Sabino Torres, histórico editor galego que no ano 1949 botou a andar a xa mítica colección de poesía Benito Soto na que verían a luz, entre outros, os primeiros traballos de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, a prensa galega láiase pola perda e ofrece valoracións arredor da súa figura.
Nas ligazóns á dereita destas liñas deixamos algunhas delas.